O Concello de Carballo concedeu unha subvención de 35.000 euros ao Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e a cesión dos espazos precisos para a celebración dos espectáculos. O acordo foi adoptado pola Xunta de Goberno Local, que, en materia cultural, tamén aprobou o convenio de colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre.
A Xunta de Goberno tamén aprobou as resolucións correspondentes ás convocatorias de subvencións a entidades deportivas para a participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España e para a organización de eventos, por un total de case 10.000 euros.
As axudas na liña de campionatos de España son as seguintes:
- AD Fogar: 750 euros para os Campionatos de España de Atletismo, Natación e Triatlón.
- Club Taekwondo ITF Carballo: 490 euros para os Campionatos de España Pre-Júnior, Júnior e Senior de Cintos Negros.
- Escola Balonmán Xiria: 1.500 euros para o Campionato de España Cadete Masculino.
- Escola Balonmán Xiria: 1.500 euros para o Campionato de España Infantil Feminino.
- Sysca: 750 euros para o Campionato de España Xuvenil, Júnior e Absoluto.
En canto á organización de eventos, concedéronse as seguintes subvencións:
- AD Fogar: 1.500 euros para o I Memorial Pedro Luis Fernández.
- Judo Club Bergantiños: 1.500 euros para o Campionato de Nadal.
- Sysca: 1.500 euros para o Memorial Carlos Servando.
- SD Oza: 396 euros para o 3º Triangular Oza.
O goberno municipal deu o visto bo tamén a un convenio co IES Monte Neme para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, facilitando que un alumno do instituto realice prácticas no Concello de Carballo ata o Nadal.
Na sesión tamén foron aprobadas licenzas urbanísticas, vaos e facturas por importe de 42.859,67 euros.