Do 14 ao 17 de agosto, Malpica acolle un completo programa de música, contacontos, espectáculos de lume, pasarrúas e actividades pensadas para todas as idades, no corazón da Costa da Morte.
A rúa Eduardo Vila Fano e o seu mercado mariñeiro serán o epicentro desta viaxe no tempo, onde artesanía, gastronomía e xogos tradicionais acompañarán aos visitantes nun percorrido cheo de cor, música e historias de mares afastados. Entre as propostas máis destacadas, figuran obradoiros de esgrima para pequenos corsarios, pasarrúas con personaxes cheos de vida, actuacións musicais que farán bailar ata ás gaivotas e impactantes espectáculos de lume para pechar cada noite.
O programa arrinca o xoves 14 co pregón musical de Piratas de Turdión e o Pescador de Soños, ademais de contos corsarios e melodías piratas ao caer a tarde. O venres 15 e o sábado 16 estarán marcados pola animación de rúa, obradoiros e as esperadas exhibicións de lume, mentres que o domingo 17 despedirá a feira con actividades familiares como pintacaras, tattoos e música en directo.
O mercado manterá o seu horario habitual de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00, cunha ampla oferta para gozar de mañá e tarde.
Xoves 14
11:30 – Apertura do mercado
18:00 – Piratas de Turdión e o Pescador de Soños
19:00 – Contos corsarios
20:00 – Melodías piratas
22:00 – Sons de Turdión
Venres 15
12:00 – Pasarrúas piratas e Capitán sen barco
14:00 – Melodías piratas
18:00 – Piratas de Turdión e o Pescador de Soños
20:00 – Melodías piratas e mariñeiro zancudo
22:00 – Espectáculo de lume
Sábado 16
12:00 – Pasarrúas piratas
19:00 – Obradoiro de esgrima (6-11 anos)
20:00 – Melodías piratas e mariñeiro zancudo
22:00 – Espectáculo de lume
Domingo 17
14:00 – A bordo cos piratas
18:00 – Sons de Turdión
18:30 – Pintacaras e tattoos
20:00 – Melodías corsarias
21:30 – Piratas de Turdión
Malpica acolle a XVI Festa Galega os días 15 e 16 de agosto de 2025
O porto de Malpica de Bergantiños, na zona do Travelift, converterase de novo no epicentro da música e tradicións de Galicia coa celebración da XVI Festa Galega, unha cita que cada verán reúne a artistas, agrupacións e amantes da cultura popular.
O evento desenvolverase durante dúas xornadas, o venres 15 e o sábado 16 de agosto, con actuacións que combinarán música tradicional, cantareiras entre outras propostas.
Programación
Venres 15 de agosto
- 21:30 h – Cantareiras ACD Carcaxía
- 22:00 h – Cantareiras AC Malante
- 22:30 h – Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre
- 00:15 h – Alana
Sábado 16 de agosto
- 22:00 h – Cantareiras AC Raigañas
- 22:30 h – Do Rivés
- 23:00 h – Mercedes Peón co espectáculo Ingrávida
- 00:15 h – Tanto Nos Ten
A XVI Festa Galega está organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e outras entidades.
Con entrada libre, esta cita é unha oportunidade única para gozar da música en directo á beira do mar, mergullarse nas raíces culturais galegas e compartir momentos festivos nun ambiente aberto a todos os públicos.