En marcha a “XII Primavera en ruta” de Senda Nova

Cedida

  • Consta de oito percorridos de sendeirismo pola comarca de Bergantiños que se desenvolverán ata o mes de xuño

A asociación ambiental Senda Nova presentou o cartel da 12ª edición da Primavera en ruta, unha programación coa que descubrir o valor patrimonial e cultural da comarca de Bergantiños a través de actividades ao aire libre. En concreto, esta edición consta de oito percorridos de sendeirismo que se desenvolverán ata o 13 de xuño.

Será obrigatorio o uso da máscara. As inscricións poden realizarse ata dous días antes de cada ruta na base de Protección Civil de Carballo (de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas) ou no Espazo da Natureza de Oza (mércores, xoves e venres, de 17:00 a 20:00 horas).

Descarga AQUÍ o tríptico das rutas.