A XIV Carreira Pedestre de Camariñas bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas

A décimo cuarta Carreira Pedestre Concello de Camariñas bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas na proba que se celebrará este domingo, 8 de marzo, e que será a apertura do Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’.

A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través da categoría 3K contra o cancro’ para persoas nacidas no ano 2010 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha ‘Fila 0’ para que calquera persoa puidese facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:00 horas, coa categoría sub-12. A categoría sub-10 terá saída ás 10:15 horas; a ‘3k contra o cancro’ ás 10:30 horas; a 10K absoluta ás 11:30 horas, e a categoría Pitufos ás 12:45 horas.

8M

O Concello instalará na proba un Punto Violeta co lema ‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’, a campaña municipal para conmemorar o 8M, Día da Muller.

Related posts

O SAL celebra o 8 M con Lucía Graña, socorrista referente en emprendemento inclusivo e comunidade rural

A Deputación da Coruña recibiu ás e aos deportistas provinciais participantes no CESA 2026 coas seleccións galegas de balonmán

O paratriatleta xuvenil da A.D. Fogar, Daniel Blanco, Top 5 no Nacional Paralímpico de Dúatlon