A XIX Mostra de Teatro de Malpica abriu a tempada cun cheo absoluto de público

1 minutes read

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a representación “CARTOONS”, de Producións Teatrais Escéntricas. Esta primeira  cita logrou un éxito de convocatoria cun aforamento completo.

O espectáculo versou sobre dous personaxes que viven na marxe da nosa sociedade e converten en luxo o noso lixo. A ollada inocente dos pallasos fixeron ver as cousas de xeito distinto. O candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as dúas crean mundos que antes non existían.

Próxima cita

A programación continuará a vindeira semana o venres 3 de novembro, no espazo e horario habituais

(Centro Cívico, 20.30 horas), con “Arte Sen Guión”, de Galeatro en coprodución co Centro Dramático Galego.

As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao Departamento de Educación e Cultura en horario de 9:30h a 14:00h ou chamar ao 981 707 104.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?