A XIX Mostra de Teatro de Malpica pechará o día 22 coa obra ‘Degustación de imposibles’

Cun cheo ata a bandeira celebrouse este venres a penúltima representación teatral da XIX Mostra de Teatro de Malpica. Os asistentes á representación teatral da obra «Entrega en Man» de Contraproduciones viviron unha marabillosa actuación.

A trama, protagonizada por un elenco de grandes actores como Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diego Sales, mergullaron ao espectador na comedia louca e denegrida cun humor mordaz e corrosivo.

A obra de 90 minutos non só entretivo, senón que tamén explorou con dureza temas socialmente relevantes como o racismo, o machismo e a xenofobia.

A obra «Degustación de imposibles» do meigo Joshua Kenneth pechará, o vindeiro venres 22 de decembro, a XIX Mostra de Teatro de Malpica. A representación xira na selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, panos de seda ou sombras chinesas.

Promo do evento.

Serán 70 minutos de asombro, humor e misterio. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo se presenta susceptible a ser transformado, onde nada e imposible. A obra levarase a cabo no Auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 20.30 horas. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Educación e Cultura no teléfono: 981 707 104 en horario de 10.30 horas a 14.00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha