A XIX Mostra de Teatro Malpica volve con unha ampla programación

1 minutes read

O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña organiza a XIX  Mostra de Teatro Malpica con ampla programación. A Mostra componse de oito obras de teatro para diversos públicos, con funcións os venres dende o  27 de outubro ata o 22 de decembro. O horario das actuacións será sempre ás 20:30 horas, no auditorio do centro cívico de Malpica. Para máis información as persoas interesadas poden  acudir ao departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica en horario de 9:30h a 14:00 ou chamar ao 981 707 104.

As obras de teatro da mostra son  as seguintes:

Venres 27 de outubro, ás 20.30, Cartoons. Producións Teatrais Excéntricas en coprodución con Teatro do Adro.

Venres 3 de novembro, ás 20.30, Arte sen guión. Galeatro en coprodución co Centro Dramático Galego.

Venres 10 de novembro, ás 20.30 Ás para Alex. Baobab Teatro.

Venres 17 de novembro, ás 20.30, Pedro e o lobo de Fantoches baj.

Venres 24 de novembro, ás 20.30, NINJA. De Teatro Ghazafelhos.

Venres 1 de decembro, ás 20.30, Running. Unha Suorenta Comedia de Ste Xeito Producións.

Venres 8 de decembro, ás 20.30, Entrega en man. Contraproducións.

Venres 22 de decembro, ás 20.30, Degustación de imposibles do mago Joshua Kenneth.