O delegado territorial da Xunta de A Coruña, visitou este sábado o recinto no que tivo lugar a XIX Poxa de Xovencas de Raza Frisona que volveu a converter Santa Comba no centro do sector gandeiro galego. A continuación, tivo lugar a degustación de filloas e dun tenreiro frisón.
Estes eventos serviron como cumio das actividades organizadas con motivo da II Semana do Leite. Ovidio Rodeiro destacou que “tanto polo público como polo número de animais e negocio este encontro foi un auténtico éxito o que posiciona a este concello ao fronte do sector gandeiro galego”.
O representante do goberno autonómico felicitou á dirección técnica do evento, que correu a cargo de Africor Coruña, e a todo o goberno local de Santa Comba por este importante esforzo que todos os anos coloca a este concello no mapa dos gandeiros de toda España.