A XL Festa da Filloa de Lestedo superou os 40.000 visitantes


A XL Festa da Filloa de Lestedo  congregou a máis de 40.000 persoas, que degustaron máis de 50.000 filloas co seu novo formato, que incluíu dúas fins de semana de celebracións. Este pasado domingo, no día central da festa, milleiros de persoas volveron ateigaron as rúas de Lestedo (Boqueixón) dende primeiras horas da mañá para desfrutaren da confluencia de dúas das Festas de Interese Turístico de Galicia con maior arraigo: a XL Festa da Filloa de Lestedo e os Atranques dos Xenerais da Ulla, que este ano celebraron o VI Desfile Intermunicipal dos Xenerais da Ulla polas rúas da localidade.

Un desfile moi especial, que comezou a facerse no 2015 pero que non se celebraba dende o ano 2020, e no que tomaron parte máis de medio cento de Xenerais e Xeneralas, 31 deles a cabalo, chegados de Touro, O Pino, Santiago de Compostela, A Estrada, Vedra, Teo e Boqueixón. Unha decena deles participaron posteriormente nos tradicionais Atranques de Xenerais no campo da festa. 

Entregáronse 7 Mandís de Honra ás festas da filloa máis senlleiras de Galicia (A Baña, Muimenta, Valongo e Sada), ao chef Manuel Costiña, ao conselleiro de Sanidade e ao director xeral do Gabinete Técnico da Presidencia da Xunta