- As fortes correntes moldearon e puliron todo tipo de cristais ata convertelos en grans de area.
A praia dos cristais de Laxe é unha pequena cala con area de vidro que evidencia o poder transformador do mar. As correntes puíron ao longo dos anos miles de fragmentos de cristal procedentes dun antigo vertedoiro próximo e crearon un espazo singular, unha parada obrigada no Camiño dos Faros.
Xa ninguén chama a praia dos Botiños polo seu nome orixinal. Hai anos que esta pequena cala ubicada ao oeste do cabo de Laxe é a praia dos cristais. O fondo do mar desta praia é verde, e non é obra das algas. O mesmo ocorre coa area que non é nin fina, nin branca nin dourada, de feito, non é nin sequera area.
O que hoxe pisan os pés dos veciños de Laxe son miles de botellas de vidro procedente dunha entulleira próxima alimentada durante décadas polos entullos desta localidade. As mesmas correntes que fan perigoso o baño, encargáronse -durante anos- de puílos desfeitos ata devolver á terra pequenas motas de cores vivas, inofensivos, resplandecientes. Un exemplo de como a natureza se encarga de crear ata nas situacións máis inverosímiis.
Hai uns días a praia dos cristais apareceu na revista de viaxes da National Geographic. O tesouro dos veciños de Laxe é un lugar no que deterse no Camiño dos Faros, douscentos quilómetros a pé entre Malpica e Fisterra, sempre co mar dominando a paisaxe. Oito etapas para descubrir a pé a beleza da Costa da Morte.