A xornalista que comeu con Mazón o día da dana rompe o seu silencio cunha carta remitida aos medios

Maribel Vilaplana, a xornalista que comeu co president da Generalitat, Carlos Mazón, o pasado 29 de outubro, día da dana que arrasou Valencia, pronunciouse a través dunha carta remitida aos medios de comunicación na que confesou que o xefe do Consell «non lle trasladou ningunha inquietude» durante o devandito encontro.

A expresentadora de Canal 9 denunciou así mesmo unha campaña de «acoso constante, de insultos, de burlas e dun escrutinio inxusto» cara á súa persoa a raíz daquela tráxica xornada. Dez meses nos que di estar sometida a unha «presión insoportable» que lle obrigou a someterse a un «tratamento psicolóxico cun diagnóstico de tensión postraumática».

Carta abierta:

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas