A xuíza decide que Donald Trump sexa xulgado o 4 de marzo

1 minutes read

A xuíza Tanya S Chutkan, encargada do proceso xudicial contra o expresidente de EE.UU. Donald Trump, decidiu este luns que a data do xuízo no que se lle acusa de tratar de subverter as eleccións de 2020 sexa o catro de marzo de 2024.

Trátase da véspera do Supermartes, un día crave para as eleccións dos Estados Unidos. O cinco de marzo, máis dunha decena de estados tanto republicanos como demócratas celebrarán simultaneamente procesos internos para elixir os seus candidatos. É o máis parecido no país a unhas eleccións primarias a nivel estatal.

Desestimou así o desexo do fiscal especial, Jack Smith, de que o xuízo arrincase en xaneiro de 2024, nunha data próxima ao aniversario do asalto ao Capitolio.

Tamén o interese da defensa do expresidente de pospoñer o proceso ata despois das próximas eleccións presidenciais, que se celebrarán en novembro de 2024 e nas que Trump é aínda o precandidato republicano favorito. Pediran que o xuízo se iniciase en abril de 2026.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?