A xuízo por deixar a un home en cadeira de rodas tras unha pelexa na Coruña

Rúa Socorro, A Coruña_Google Maps

  • Durante a agresión a vítima recibiu varias puñadas na cabeza, producíndolle graves lesións

Un home será xulgado este martes pola Audiencia Provincial da Coruña por deixar a outro en cadeira de rodas tras unha agresión na rúa Socorro, na cidade herculina. A Fiscalía pide nove anos e vinte meses de cárcere por un delito de lesións.

Os feitos ocorreron no mes de maio do 2016 cando, segundo se informa desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o agora acusado enfrontouse a outros dous homes propinándolles puñadas na cabeza. Un deles sufriu graves lesións que lle obrigan a moverse en cadeira de rodas.