Aurelio Núñez, mantivo unha reunión este martes co xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, na que lle trasladou os problemas de humidade que existen no ximnasio do IES Alfredo Brañas.
Tras o encontro, O xefe territorial, Indalecio Cabana, comprometeuse á reparación inmediata do tellado do ximnasio do centro, e a avaliar as restantes demandas transmitidas por Aurelio Núñez diante da celebración no próximo ano do 50 aniversario do Instituto Alfredo Brañas.
“Estamos a falar dunha necesidade que a dirección do centro leva moito tempo demandando e que creemos que é fundamental para o correcto desenvolvemento da actividade educativa no centro”, dixo Núñez, quen agradeceu o compromiso do goberno autonómico.