A Xunta de Galicia destinará un total de 62.436 euros á redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) da ampliación do parque empresarial de Bértoa, en Carballo, unha vez que este martes adxudicou o contrato á empresa Proyfe S.L. A previsión que se manexa é que o documento se envíe á Consellería de Medio Ambiente no mes de outubro e reciba a aprobación inicial a comezos do próximo ano. A redacción do PIA, que foi licitada a finais de 2021, permitirá a ampliación do parque empresarial de Bértoa nunha superficie de máis de medio millón de metros cadrados, máis da metade dos cales son xa propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación do polígono de Bértoa
Polígono de Bértoa