Adxudicada a redacción do proxecto dunha depuradora en Serantes, Laxe

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para construír unha nova depuradora na parroquia de Serantes, no Concello de Laxe.

Este contrato foi adxudicado á empresa Organización y Gestión de Proyectos y Obras S.L por un investimento de máis de 16.000 euros.

O servizo consiste na redacción do proxecto para executar unha nova estación depuradora, un bombeo e unha impulsión para a condución das augas residuais dende os edificios municipais á rede existente, para ser tratado na estación depuradora de augas residuais de Laxe. Esta infraestrutura hidráulica dará servizo aos case 200 habitantes desta parroquia.

Actualmente existe unha rede de saneamento que recolle as augas residuais desta contorna e as conduce a unha fosa séptica con funcionamento deficiente. Neste sentido, a nova depuradora resolverá estas carencias e incrementará a capacidade de tratamento.
Esta actuación enmárcase no apoio técnico e financeiro que a Xunta lle vén achegando aos concellos galegos para que poidan prestar axeitadamente aos veciños os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha