A Xunta adxudica unha nova parcela no polígono de Bértoa, en Carballo

1 minutes read

A Xunta adxudicou un total de 69.917,5 metros cadrados de solo empresarial en 5 polígonos, con bonificacións no prezo de venda por importe de máis de 3,3 millóns de euros. O prezo de adxudicación das parcelas, unha vez descontada a bonificación, foi de 7,15 millóns de euros.

A meirande parte das parcelas adxudicadas corresponden ao parque de Morás, en Arteixo, onde se adxudicaron 10 a 3 empresas dedicadas á fabricación de cadros eléctricos, á produción, almacenamento e distribución de hidróxeno verde renovable e a terceira a transporte e loxística.

Na área empresarial de Bértoa, en Carballo, adxudicouse unha parcela de 992 metros cadrados a unha empresa do sector de montaxe e reparación de portas eléctricas, cun importe bonificado de 45.602,24 euros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?