A Xunta de Galicia acaba de adxudicar preto de 30.000 metros cadrados de solo empresarial distribuídos en 8 parcelas emprazadas en 6 parques: A Sionlla (Santiago de Compostela), Negreira, Carballo, Viveiro, O Pereiro de Aguiar e Mos.
O prezo de venda do conxunto das parcelas supera os 2 millóns de euros, despois de aplicar unha bonificación de máis de 1,1 millóns de euros, segundo aprobou a comisión executiva de Xestur.
Concretamente en Carballo, adxudicouse unha parcela de 2.028 m2 por un importe de 81.520 euros, tras aplicarlle unha bonificación dun 50%. A empresa dedícase á mecanización de perfís de aluminio.