A Administración autonómica afirma que xa abonou un total de 30.539 axudas, case o 80% das solicitadas, no marco do Plan de Rescate dirixido a persoas traballadoras autónomas, microempresas e sector hostaleiro pechado por mor das medidas sanitarias aprobadas desde o mes de outubro. Cerca de 14.000 pagamentos chegaron ao sector da hostalaría que, ademais de optar á liña urxente específica aprobada polo Goberno galego para outorgarlles liquidez, podían acceder as outras dúas, ao se complementar entre si. A Xunta afirma que confía en completar nas próximas semanas o 100% dos pagamentos das axudas aos solicitantes que cumpriron cos requisitos. Para atender as peticións de todos, vén de ampliar o orzamento inicial do Plan de rescate dos 84 aos 86,2 millóns de euros.
37