A Xunta agradece a Avante o seu traballo a favor das persoas con discapacidade en Val do Dubra

1 minutes read

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou os usuarios do centro de día e ocupacional Avante no concello de Val do Dubra. Estas instalacións ofrecen 40 prazas de atención a persoas con discapacidade deste municipio e da súa contorna. A directora xeral lembrou que o Goberno galego colabora coas entidades sociais galegas como Avante, pertencente a Cogami, para a posta en marcha de prazas públicas de atención á discapacidade e tamén para a realización de programas que favorezan a vida autonómica e ao respiro familiar. Neste sentido, agradeceu a Avante a súa traxectoria apoiando os veciños deste municipio coruñés.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?