A Xunta agradece o papel activo das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

2 minutes read

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, clausurou o II Encontro de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, onde agradeceu a estas entidades o seu “papel activo” na recuperación e mantemento dos valores xacobeos así como o seu traballo de custodia “dun legado espiritual e histórico único no mundo”.

Ante as máis de 300 persoas de 120 asociacións de todo o mundo que participaron estes días no Encontro, o director de Turismo puxo de manifesto o fortalecemento do tecido asociativo nos últimos 50 anos, que ten permitido, ademais de afondar na hospitalidade tradicional e atención, en poder estudar a historicidade das rutas, a súa sinalización e sobre todo, “ter sido capaces de poñer a Europa a volver a transitar polos camiños que conformaron e seguen conformando a nosa identidade”.

Trasladou, ademais, o importante papel que estas asociacións teñen para a Xunta de Galicia, coas que mantén unha histórica relación de colaboración e coordinación. Felicitounos tamén polo traballo de concordia que supuxo a posta en marcha dunha Federación Europea de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, “un paso xigante da sociedade civil para mellorar o futuro inmediato do tecido asociativo no Camiño e un paso decisivo para a creación futura dunha Federación Mundial de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago”.

Con este acto rematou o II Encontro Mundial de Asociacións do Camiño de Santiago, que se celebrou esta semana baixo o lema Asociacións. Memoria e futuropara converterse en punto de encontro e debate sobre a cuestión xacobea e servir como antesala para comezar a preparar o seguinte Ano Santo, o de 2027. O encontro foi posible grazas ao convenio entre Turismo de Galicia e dá continuidade ao celebrado en xuño de 2015.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?