A Xunta amplía a súa rede de vixilancia forestal

1 minutes read
Foto.- Xoán Crespo

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (Cipig). Alí, puxo en valor a consolidación da rede de vixilancia forestal coa instalación de 22 novas cámaras nos montes galegos, que permitirán ter controlado o 70% do territorio da nosa comunidade. Deste xeito, Galicia contará -dixo- cun total de 142 dispositivos en 71 puntos estratéxicos, con especial atención ás Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) ás zonas de Alto Risco de Incendios. Galicia contará cun operativo de máis de 7.000 efectivos na época de alto risco que arranca mañá, así como cunha trintena de medios aéreos e 378 vehículos motobomba, tal e como se establece no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) para este ano 2021.