A Xunta amplía o prazo para que os concellos xustifiquen as axudas en materia de residuos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda daralle aos concellos un mes máis de prazo para poder executar e xustificar os proxectos municipais subvencionados con cargo á orde de axudas para actuacións en materia de residuos, convocada en maio do ano pasado para financiar actuacións a realizar no período 2020-2021.

Deste xeito, as entidades locais que resultaran beneficiarias ao abeiro desta convocatoria terán ata o 30 de decembro para completar a execución das actuacións imputables a esta anualidade, así como para presentar ante o organismo autonómico a documentación xustificativa que corresponda.

Con esta decisión, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda responde ás solicitudes de ampliación de prazo recibidas por parte dalgunhas entidades locais ante as dificultades coas que se atopan para cumprir a data fixada inicialmente na convocatoria —o 30 de novembro deste ano— debido á demora que arrastran algúns provedores na entrega de materiais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha