A Xunta analiza en Coristanco o funcionamento das novas liñas de transporte público

Cedida.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo este mércores un encontro de traballo co alcalde de Coristanco, Juan García Pose, no que abordaron o funcionamento das novas liñas de transporte público que prestan servizo no municipio.

Vázquez Mourelle trasladoulle ao rexedor a viabilidade de atender as demandas e asegurou que se buscarán fórmulas para adaptar os horarios dos novos servizos de transporte, que veñen de entrar en funcionamento, para permitir a entrada e saída ao instituto duns 30 alumnos deste municipio.

Tamén lembrou que proximamente os menores de 21 anos deste concello se poderán beneficiar da tarxeta ‘Xente Nova’, que posibilita viaxar de balde no transporte interurbano.

A conselleira e o rexedor analizaron tamén a colaboración entre a Xunta e o Concello para mellorar os sistemas de abastecemento e saneamento de auga no municipio, que presentan grandes deficiencias motivadas pola falta dun mantemento axeitado.

A seguridade viaria foi outro asunto avaliado no encontro de traballo deste mércores. A este respecto, abordouse a construción de sendas peonís na zona do hipermercado (Carrefour) e na contorna do cemiterio, en Agualada, que lle permitirán aos veciños realizar os seus desprazamentos cotiás en condicións de maior seguridade e comodidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha