A Xunta anima ao sector da construción a ser un motor da recuperación económica


A Xunta de Galicia aproveitará a oportunidade que ofrecen os fondos europeos en materia de vivenda para reforzar a súa aposta pola rehabilitación residencial e, en especial, pola mellora da eficiencia enerxética de vivendas e edificios, un obxectivo que mobilizará nos vindeiros anos 360 millóns de euros e para o que aspira a contar coa colaboración do sector galego da construción, peza clave para garantir a recuperación económica da Comunidade.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez, recoñeceu que o sector pasa por un momento marcado por “problemas de primeira orde” relacionados cos prezos dos materiais e o desabastecemento, un dos “grandes retos”, dixo, que haberá que resolver. “En todo caso, amosamos o noso firme compromiso de informar aos nosos asociados de todas as liñas de axudas existentes e de contribuír á execución dos fondos europeos. Galicia vai demostrar a potencialidade que ten o seu sector da construción”, declarou.