A Xunta anima ás pemes da Costa da Morte a innovar para ser máis competitivas e medrar


A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou en Vimianzo no décimo encontro da iniciativa Camiño de futuro, posta en marcha pola Xunta co obxectivo de difundir entre as pequenas e medianas empresas de contornas non urbanas os instrumentos de apoio dirixidos a mellorar a súa competitividade e crecemento. Argerey animou ás empresas da Costa da Morte a iniciar o camiño da innovación para ser máis competitivas e medrar, xa que actualmente é difícil afrontar os retos globais sen innovación e a Administración está aquí para acompañalas neste proceso, afirmou. No encontro, técnicos de Gain e do Igape, así como os xerentes dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) e de Acción Local Pesqueira (GALP) GDR 22-Costa da Morte, GALP 3-Costa da Morte e GALP 4-Seo de Fisterra Ría de Muros e Noia, explicaron as diferentes convocatorias de axuda activadas pola Xunta.