A Xunta anima os concellos a sumarse á campaña internacional Quere o teu mercado

1 minutes read

Quere o teu mercado, busca atraer clientela e promover as vendas nos mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local, así como a profesionalidade e o bo facer dos praceiros e praceiras. A campaña, que a nivel internacional está organizada pola World Union of Wholesale Markets (Unión Mundial de Mercados Maioristas), terá lugar en Galicia o vindeiro 27 de maio coa celebración do Día do Mercado. Os concellos que se sumen á proposta coa organización de actividades de dinamización deberán confirmar a súa participación antes do venres 13 de maio á Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que lles facilitará material promocional.