A Xunta anuncia cribados quincenais a traballadores de residencias de maiores

Alberto Núñez Feijóo_Fonte: xunta.gal

A Xunta adopta novas medidas que afectan as residencias, os seus traballadores e os seus usuarios. O presidente Alberto Núñez Feijóo avanzou na comparecencia logo do Consello da Xunta varias das decisións tomadas co consello do comité clínico de expertos. Estas decisións chegan logo de que o comité clínico e a Xunta constataran que Galicia está “nunha segunda vaga dende hai semanas”. Esta nova vaga na pandemia chegou “antes do que estaba previsto”, aínda que é distinta á anterior. “A pesar de ter 4.000 casos activos, similar aos que había en primavera, moitos son asintomáticos”, indicou Feijóo. Nese sentido, o presidente da Xunta asegurou que “non é unha cifra que deba preocuparnos en exceso, o que debería preocuparnos é non ter localizados os contaxiados”, pois “cantos máis diagnósticos, maior capacidade de controlar a pandemia”.