O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou a Asociación de Redeiras “O Fieital” en Malpica para informar da apertura do prazo para solicitar as axudas ao asociacionismo e a participación das mulleres. O prazo abriuse o pasado 22 de marzo e pecharase o próximo 22 de abril para presentar as solicitudes. A Federación Galega de de Redeiras Artesás foi unha das beneficiarias destes apoios na convocatoria do ano pasado, a asociación “O Fieital” forma parte desta entidade coas súas 23 socias.
O representante do goberno autonómico recalcou que “estas axudas teñen como obxectivo fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación e calidade de vida das mulleres galegas”.
O orde consta de dúas liñas:
- Consolidación do movemento asociativo, para compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociación de mulleres e as súas federacións.
- Promoción de actuacións singularizadas en materia de igualdade, de prevención de violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Os requisitos para optar a estas axudas son ter domicilio social en Galicia, estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais en Galicia, ter presentada a memoria de actividades con anterioridade a que remate o prazo de solicitudes.
Ademais, os fins obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre hombres e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. Tamén deben cumprir que as mulleres socias representen, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas.