O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitou este mércores o Concello da Laracha para manter unha reunión cunha ampla representación do goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela.
Visitaron a zona verde xunto ao parque empresarial da Laracha, unha das áreas nas que actuará o persoal que o Concello contratará no marco do programa Aprol Rural que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Aprol Rural forma parte da Axenda 20 coa que o Goberno galego está impulsando a creación de emprego de calidade en Galicia. O obxectivo destes programas é a mellora da empregabilidade das persoas participantes, que teñen que estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Con esta iniciativa, polo tanto, ofréceselle aos participantes unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral que redunde na súa empregabilidade.