O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns unha «cota cero» para as persoas emprendedoras e que supón subvencionar as cotas do réxime de autónomos durante o primeiro ano de actividade, o que ascende a uns 960 euros.
Estas contías para os autónomos súmanse os arredor de 7.500 euros en axudas para gastos de inicio de actividade, polo que en 2024 cada autónomo que emprenda contará con ata uns 8.500 euros.
Estas partidas están incluídas no proxecto de orzamentos da Xunta que acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria e que estará en vigor en 2024 e responde, en palabras de Rueda, ao resultado de «escoitar» os autónomos.