A Xunta anunciou en Carballo que lanzará en 2023 a nova liña de axudas ‘Impacto autónomo’ con 30 M€

Foto: Moncho Fuentes.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou este venres en Carballo as instalacións da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), durante á que incidiu no reforzo dos apoios que a Xunta dispensará en 2023 ao traballo autónomo a través das axudas directas do novo programa Impacto Autónomo que con 30 millóns de euros quere contribuír a paliar as cargas que a actual conxuntura económica deixa no sector.

O Goberno galego, tal e como destacou Lorenzana no encontro, establecerá así un “escudo protector” para máis de 25.000 profesionais autónomos con axudas de 1.200 euros anuais de media “coa finalidade de que poidan facer fronte a incrementos das súas facturas que chegan a poñer en risco a viabilidade dos seus negocios”.  Deste xeito tratarase de apoiar a este colectivo profesional e minimizar as repercusións e o incremento de gastos que está a soportar con motivo da inflación en alza, a suba de prezos das materias primas ou os custos enerxéticos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha