A Xunta apoia 15 proxectos de investigación galegos para dar resposta á pandemia

Trátase da resolución dunha nova liña de axudas convocada co obxectivo de recuperar e apoiar aqueles proxectos galegos científicos excelentes que se presentaran á convocatoria realizada polo Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) e que, a pesar de conseguir unha avaliación positiva, non obtiveron financiamento por esgotamento de crédito. Estas iniciativas medíronse con máis de 1.400 expresións de interese na convocatoria do ISCIII.

En total, recibirán apoio nove iniciativas de fundacións de investigación sanitaria (cinco da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, dúas da Fundación Profesor Novoa Santos, e dúas da Fundación Biomédica Galicia Sur) e seis proxectos das universidades galegas (catro da Universidade de Santiago de Compostela e dous da Universidade da Coruña).

Cun orzamento total de preto de 3M€, desenvolverán iniciativas relacionadas coa caracterización clínica e biolóxica da enfermidade, técnicas de diagnose virolóxica rápida, terapias innovadoras e análise masiva de datos orientados ao control epidemiolóxico. As axudas teñen unha intensidade do 100% e os proxectos deberán estar rematados antes do 30 de setembro de 2022.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha