A Xunta apoia a construción dun viveiro empresarial en Val do Dubra

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, para anunciar que o ente autonómico financiará con 240.000 euros, o 80% do investimento, un viveiro empresarial que terá un custe total de 300.000 euros. O delegado subiñou a importancia de que Val do Dubra sexa Concello emprendedor para lograr este proxecto xa que é un dos aspectos que máis puntúa na orde de axudas.

A iniciativa contempla a construción dunha nave para a creación dun viveiro industrial de empresas cunha superficie útil de 390,21 metros cadrados con seis naves contiguas, cinco para as actividades empresariais e outra para servizos comúns. O representante do Goberno galego destacou que “a creación de viveiros industriais de empresas están dirixida aos novos empresarios para poñer en marcha as súas primeiras etapas de actividade”

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha