A Xunta apoia a creación de 28 postos de traballo na Costa da Morte

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, visitou a oleira, María del Carmen Canedo Pena, unha traballadora por conta propia beneficiaria da orde de axudas do programa Emega de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino que apoiará na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a creación de 28 novos postos de traballo cun investimento de máis de 234.000 euros. O programa Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Tamén medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

CONCELLO ACTIVIDADETOTAL POSTOSINICIATIVALIÑA/S
CABANA DE BERGANTIÑOS1SERVIZOS DE ESTÉTICAEMPRENDE
CABANA DE BERGANTIÑOS1AVOGADAEMPRENDE
CARBALLO1FABRICACIÓN DE ARTIGOS IMPRESIÓN 3DEMPRENDE
CEE2CENTRO DE ESTÉTICA E PERRUCARÍAEMPRENDE
CEE1SERVIZO DE TERAPIA OCUPACIONALEMPRENDE
CERCEDA2CLÍNICA PODOLOXÍAACTIVA
CORCUBIÓN1SERVIZOS FOTOGRÁFICOSEMPRENDE
CORCUBIÓN1LAVANDERÍAEMPRENDE
CORCUBIÓN1CAFÉ BAREMPRENDE
CORISTANCO1TENDA ALIMENTACIÓNEMPRENDE
DUMBRÍA1ALOXAMENTO TURÍSTICOEMPRENDE
FISTERRA3CAFÉ BAREMPRENDE
LARACHA, A1SERVIZOS DE PUBLICIDADE E DESEÑO GRÁFICOEMPRENDE
LAXE1SERVIZOS DE DIETÉTICA E NUTRICIÓNEMPRENDE
MALPICA DE BERGANTIÑOS1OLEIRAEMPRENDE
MUXÍA1SERVIZOS DE LIMPEZAEMPRENDE
PONTECESO2REPARACIÓN DE CALDEIRASEMPRENDE
PONTECESO1PERRUCARÍAEMPRENDE
PONTECESO2LAVANDERÍAEMPRENDE
VIMIANZO3ASESORÍAACTIVA
TOTAL AXUDAS 20TOTAL POSTOS DE TRABALLO 28

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha