A XIV edición do Ciclo de Música de Barcia de Mera celebrarase, como é habitual, na igrexa barroca de San Martín de Barcia de Mera do municipio de Covelo, cun programa de oito concertos. O primeiro deles, o 30 de abril, virá da man da orquestra de cámara dirixida por Florian Vlashi, cos solistas Cecilia Rodríguez e Christian Borrelli, que interpretarán o Stabat Mater de Pergolesi. O 28 de maio será a quenda do cuarteto Assai con obras de Johan Christian Bach, Shubert e Piazzola; o 25 de xuño,, do trío de cordas Sartory Cámara con obras de Haydn, Schubert e Beethoven; mentres que o 2 de xullo a interpretación correrá a cargo do trío Scaramucia con obras de Vivaldi e Pisendel. O 30 de xullo a interpretación será de Cantica Sacra In Memorian de Luis Estévez con obras de Monteverdi, Fauré e Vitoria; o 15 de agosto contarán co Dúo Laúd e Voz co programa Benedicta tu María e o 27 de agosto Vox Stellae con Vilancicos Galegos. Na clausura do ciclo, o 17 de setembro, o programa correrá a cargo de EL Afecto Ilustrado con sonatas italianas de 1700.
44