A Xunta destina 237.000 euros á contratación de 17 persoas para a prevención de incendios

Gonzalo Trenor en A Laracha_Cedida

  • En Galicia, a nivel global, apoiarase a contratación de 505 traballadores a través dun investimento de sete millóns de euros

A Xunta resolveu a convocatoria de axudas deste ano do programa Aprol Rural para apoiar aos concellos galegos na contratación de persoas desempregadas de cara á realización de servizos de prevención de incendios, entre outros. O delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor e o alcalde da Laracha, José Manuel López, visitaron unha das zonas nas que están traballando as brigadas municipais para informar da resolución desta orde.

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiaranse 17 concellos que coas axudas da Xunta, por valor de 237.000 euros, poderán contratar a 17 persoas. En Galicia, a nivel global, apoiarase a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros. 

As persoas desempregadas realizarán tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo. O obxectivo da iniciativa é incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural de Galicia, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas da comunidade autónoma.

Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinadas aos concellos de Bergantiños-Costa da Morte para impulsar a contratación do servizo de socorristas, que é competencia municipal. No caso desta comarca, a Consellería de Emprego e Igualdade financiará a contratación de 29 socorristas en 8 concellos cun investimento de 92.000 euros. 

Cos programas xa resoltos de socorristas e de Aprol Rural, os concellos da Costa da Morte recibirán 329.000 euros para a contratación de 46 traballadores.

Aprol Rural 2021

CONCELLOTRAB.IMPORTE
CABANA DE BERGANTIÑOS113.745,52 €
CAMARIÑAS116.500,00 €
CEE113.750,00 €
CERCEDA113.361,04 €
CORISTANCO115.941,25 €
DUMBRÍA113.745,52 €
FISTERRA113.436,28 €
LARACHA (A)341.250,00 €
LAXE113.436,28 €
MALPICA DE BERGANTIÑOS341.250,00 €
MUXÍA113.750,00 €
VIMIANZO113.750,00 €
ZAS113.745,52 €
TOTAL17237.661,41 €
Elaboración: Concello da Laracha