- En Galicia, a nivel global, apoiarase a contratación de 505 traballadores a través dun investimento de sete millóns de euros
A Xunta resolveu a convocatoria de axudas deste ano do programa Aprol Rural para apoiar aos concellos galegos na contratación de persoas desempregadas de cara á realización de servizos de prevención de incendios, entre outros. O delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor e o alcalde da Laracha, José Manuel López, visitaron unha das zonas nas que están traballando as brigadas municipais para informar da resolución desta orde.
Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiaranse 17 concellos que coas axudas da Xunta, por valor de 237.000 euros, poderán contratar a 17 persoas. En Galicia, a nivel global, apoiarase a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros.
As persoas desempregadas realizarán tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo. O obxectivo da iniciativa é incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural de Galicia, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas da comunidade autónoma.
Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinadas aos concellos de Bergantiños-Costa da Morte para impulsar a contratación do servizo de socorristas, que é competencia municipal. No caso desta comarca, a Consellería de Emprego e Igualdade financiará a contratación de 29 socorristas en 8 concellos cun investimento de 92.000 euros.
Cos programas xa resoltos de socorristas e de Aprol Rural, os concellos da Costa da Morte recibirán 329.000 euros para a contratación de 46 traballadores.
Aprol Rural 2021
| CONCELLO | TRAB. | IMPORTE |
| CABANA DE BERGANTIÑOS | 1 | 13.745,52 € |
| CAMARIÑAS | 1 | 16.500,00 € |
| CEE | 1 | 13.750,00 € |
| CERCEDA | 1 | 13.361,04 € |
| CORISTANCO | 1 | 15.941,25 € |
| DUMBRÍA | 1 | 13.745,52 € |
| FISTERRA | 1 | 13.436,28 € |
| LARACHA (A) | 3 | 41.250,00 € |
| LAXE | 1 | 13.436,28 € |
| MALPICA DE BERGANTIÑOS | 3 | 41.250,00 € |
| MUXÍA | 1 | 13.750,00 € |
| VIMIANZO | 1 | 13.750,00 € |
| ZAS | 1 | 13.745,52 € |
| TOTAL | 17 | 237.661,41 € |