Dez das principais mostras de teatro e danza de Galicia son as beneficiarias en 2020 das subvencións da Xunta a festivais profesionais de artes escénicas, de acordo coa adxudicación publicada pola Consellería de Cultura e Turismo na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre elas, distribúense os 190.000 euros cos que se dotou a convocatoria deste ano, na que se introduciron unha serie de modificacións como parte das medidas do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19. Destacar que o 29º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, foi apoiado con 40.704 euros.