A Xunta apoia o acordo de Reganosa con Enagás

Subliña que a alianza entre Reganosa e Enagás é unha noticia positiva e dunha enorme importancia para o sector enerxético en Galicia e en toda España. O capital galego entra no accionariado da regasificadora do porto do Musel, en Asturias, a cambio dun investimento que inclúe os gasodutos que ata agora tiña Reganosa.

A Administración autonómica, que é accionista de Reganosa, deu o seu visto e prace á operación, un apoio condicionado a que se concreten, por parte de Enagás, investimentos en infraestruturas e mellora do servizo.

O Goberno galego segue a considerar estratéxico o hidroduto Guitiriz-Zamora como unha peza fundamental para a industria galega, permitindo conectar a comunidade co resto de España e con Europa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha