A Xunta aposta por crear 5 novos GES

Imaxe de arquivo do GES Ponteceso_Cedida

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron por videoconferencia na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.

Nesta xuntanza, entre outros asuntos, a Xunta deu a coñecer a súa proposta para mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións -5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta-, ademais dun novo emprazamento para o GES de Terra Chá-Lugo para que a base de Guitiriz pase a Friol pola renuncia do primeiro. Esta alternativa proponse en base a criterios técnicos co obxectivo de dar resposta á poboación da zona.

A intención do Goberno galego é crear 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, coa colaboración dos concellos e deputacións provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha