A Xunta aproba o plan de ordenación do polígono de Bértoa para iniciar a súa ampliación en 2027

Polígono de Bértoa

O Goberno galego aprobou o Plan de ordenación do parque empresarial de Bértoa (Carballo) co obxectivo de poder iniciar as obras de ampliación no ano 2027. Así, o Consello da Xunta deu luz verde este luns ao decreto de aprobación definitiva do Plan estruturante de solo empresarial que permitirá incrementar nun 51 % a capacidade actual deste polígono. En concreto a ampliación (fase II) contará cun investimento de máis de 28 millóns de euros e sumará 629.587 m2 á superficie total de 1,2 millóns de metros cadrados que ten neste momento o parque industrial e que xa está esgotada. A actuación promovida pola Sociedade Xestión do Solo de Galicia (Xestur) no marco do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de galicia, (Psoaeg), busca dar resposta ás necesidades de solo existentes tanto no concello de Carballo como na súa contorna. Neste marco, a Xunta xa está traballando no proxecto de urbanización da ampliación coa previsión de comezar a súa tramitación no último trimestre de 2025. En definitiva, «trátase de axilizar ao máximo todos os trámites e adaptar todo o posible o desenvolvemento do solo ás necesidades reais que ten o tecido produtivo», subliñan.

Related posts

Dembelé gaña o balón de ouro | Aitana Bonmatí raíña por terceira vez

Iniciadas as obras de renovación do firme da estrada que une Carballo e Razo

Bandeiras a media hasta na Casa do Concello de Zas mentras non se pare o xenocidio do pobo palestino