A Xunta aproba un plan de rescate de 75 millóns de euros

1 minutes read
Intervención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta.

A partir da vindeira semana poderán solicitarse as axudas deste segundo plan de rescate para autónomos, microempresas e hostalería de 75 millóns de euros. Anunciouno o presidente da Xunta tras a reunión semanal do executivo galego.

A novidade desta convocatoria é que inclúe negocios obrigados a pechar coas novas restricións de xaneiro, como ximnasios ou parques de lecer. Ademais, segundo indicou Alberto Núñez Feijóo, os trámites serán máis sinxelos.

Os apoios, asegurou, varían en función das perdas de facturación e número de empregados, son acumulables e un propietario poderá cobrar por cada negocio que teña. 

Feijóo convida os concellos a sumarse a estas axudas e anuncia que xa están a negociar co sector medidas para incentivar o consumo do comercio de proximidade.