A Xunta aproba uns orzamentos de 11.563 M€

O Consello da Xunta aprobou este venres o proxecto de orzamentos do Goberno galego para o ano que vén, que ascende a 11.563 millóns de euros. Supón un incremento do 14 por cento respecto das contas deste ano e «o maior orzamento da historia» de Galicia, segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que detallou as «tres prioridades» do seu gabinete:

• Combater a pandemia.

• Reactivar económica e socialmente Galicia.

• Atender as necesidades das familias, traballadores e empresas.

Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

As contas elaboradas polo Executivo autonómico prevén a creación de catro novos fondos financeiros: un deles con 503 millóns de euros para loitar contra a pandemia, outro de 430 millóns para a reactivación económica, 105 millóns para un fondo de garantía de infraestruturas sanitarias e outros 115 millóns para consensuar medidas cos axentes sociais. Prevese tamén unha contención do gasto corrente, entre outras cousas, pagando a menor cantidade de intereses por débeda dos últimos 25 anos da historia autonómica. Soben por encima do 11 por cento o gasto social e o destinado a fomentar o emprego. Para o Xacobeo resérvanse 61,7 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha