O Consello da Xunta de Galicia que tivo lugar este martes 13 de outubro en San Caetano, Santiago de Compostela, baixo a presidencia de Diego Calvo Pouso, acordou autorizar a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia S.A. (Vipugal), á licitación das obras de construción dun edificio de 79 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos na Rúa Médico JM Lado, 18-N2-20, no Concello de Carballo, cun orzamento de licitación e valor estimado, IVE excluído, de doce millóns catrocentos noventa e seis mil setecentos oitenta e oito euros con setenta e oito céntimos (12.496.788,78 €), aos que se suman os preto de 550.000 euros da licitación da redacción dos proxectos básico e de execución e da dirección de obra. O edificio contará cunha superficie construída total de 9.835,20 metros cadrados, dos cales 7.841,20 estarán situados sobre rasante. A distribución contempla 44 vivendas de dous dormitorios, 29 de tres e seis de catro habitacións.
0
