A Xunta avalía a mellora de infraestruturas rurais no concello da Laracha

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela e co concelleiro de Obras Públicas, Urbanismo e Patrimonio, Pablo Cambón. No encontro tratáronse diversas temáticas de especial interese para a poboación do rural da localidade. Así, avaliáronse novas liñas de axudas vencelladas a proxectos en materia de mellora de infraestruturas rurais, ademais de seguir afondando na colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha