O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a sede da Asociación Filantrópica Boa Vida, en Pontevedra, con motivo das axudas outorgadas para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Estas achegas deixaron nesta asociación dedicada ao fomento da inclusión social e á redución das desigualdades, máis de 310.000 euros que serán destinados a diversos proxectos que buscan mellorar a vida dos seus usuarios a través de iniciativas de dixitalización, busca de emprego, alfabetización, asesoramento e adaptación social para persoas migrantes.
En total, na área territorial de Pontevedra benefícianse destas axudas 11 entidades distintas que se reparten máis de 1 millón de euros, dos cales 644.000 euros quedan en cinco asociacións afincadas na cidade de Pontevedra.