Remataron as obras de mellora do local social de Serantes, en Laxe

1 minutes read

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou en Laxe o local social da Asociación de Veciños do Pobo de Serantes, que acaba de ser reformado co apoio da Xunta no marco do Plan específico de acción comunitaria. O Goberno galego destinou 6.800 euros para a realización de obras a prol dun local máis eficiente, confortable e adaptado ás necesidades da veciñanza.

Os traballos realizáronse este mes e comezaron coa limpeza das paredes e da cuberta para logo pintar esta con caucho impermeabilizante. Tamén se retirou o tellado do local anexo que se utiliza como cociña e colocouse un panel de tella con todos os remates correspondentes. Por último instaláronse novos canlóns. O obxectivo é resolver os problemas de humidades que se viñan rexistrando nas instalacións e que afectaban á salubridade e confort das persoas usuarias.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?