0
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, sinalou este luns que a Consellería de Política Social e Xuventude colaborará un ano máis no encontro ‘Aldeas Singulares’, que organiza a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso e que se celebrará, como todos os anos, a principios do vindeiro mes de setembro. Xunto con esta nova edición de ‘Aldeas singulares’, a Fundación Eduardo Pondal traballa na preparación dunha xornada sobre vilas literarias na que participarían distintas localidades de Galicia.