A Xunta comete fraude cos interinos de longa duración


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que a Xunta comete fraude cos traballadores interinos de longa duración se non convoca as prazas. Desestima así o recurso presentado pola Administración contra unha sentenza dun xulgado de Lugo, que establecía que un traballador que levaba vinte anos como interino debía ser considerado como indefinido non fixo. O alto tribunal explica que a crise financeira de 2008 paralizou as convocatorias de emprego público durante un tempo pero que 20 anos de interinidade son excesivos.